16.02.18


Visualizando para os Mestre Mateo. Ten toda a pinta de que Dhogs será a gran triunfadora da noite. Outra cousa será unha sorpresa. Un filme valiente, moi necesario para que no contexto galego nos animemos a facer cine con máis personalidade. Varias persoas me dixeron que o filme era “raro” e como tiña esa idea non me pareceu tan raro. Nótase e influencia de Holy Motors, parece que Andrés Goteira quedou marcado por ela. Respírase o risco e case a estética do filme de Leos Carax. A min gustoume moito, sobretodo a dirección de fotografía da gran Lucía Catoira e algunhas interpretacións. Bravo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *