16.04.16


Os días capicúa poden ser ocos para a reflexión. Espazos brancos e circulares. Coa alma contida as verdades teñen menos espazo para a liberdade. Ser esas raíces que tocan o aire. Non estamos sós. Ás veces dubidamos incluso se os demais nos poden ver, se podemos chegar a ser invisibles, e poder podemos, pero depende do que mostremos. Ese reflexo muta cunha facilidade incríble se somos capaces de aprender, de evolucionar, de coñecernos mellor. Coller o baleiro e tocar os soños, buscando palabras ata na mar, se fai falta. Ata amar, incluso ;).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *