16.06.16


Ah mira tocouche o capicúa jajajaja. Non te fies da fecha, estou recuperando fechas atrasadas a ver se chego a xullo na axenda ;). Teño bastantes cumples de xente importante para min en xullo, non sei o motivo pero é así.

Mel tes algo co que me sinto moi identificado, e supoño que porque tamén me pasa a min. Podes ser (ou parecer) tremendamente fráxil ou inmensamente forte. É como levar contigo as esencias da épica, sen comelo nen bebelo, tocouche xD. Poderiamos chamarlle “camiños de xente distinta”, pero non sería xusto, porque todo o mundo é así. O que si hai é unha necesidade de expresalo, supoño que por circunstancias, ou como lle queiramos chamar :).

O caso é que quería pedirche que non te rindas coa túa maxia, e que nos atopemos as veces que se poida para compartila, alimentarse do invisible tamén é posible.

Bicos Mel. Guapa. Parabéns ;).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *