Preciosa película. Unha historia de liberdade. O amor non depende de convencións, o que o move son as conexións e a admiración verdadeira que se pode sentir polas persoas. Neste caso tres, un trío no que o amor e o sexo son o mesmo. Para min é un signo de pureza do mesmo. Emocionoume, sorprendeume. Está dirixida con sensibilidade e precisión. Atrapoume o poder e a atracción que vive detrás de creación da figura de Wonder Woman. Altamente recomendable.