Estamos facendo unha de zombis. É a primeira vez que toco ese tema, e paréceme cada vez máis divertido. Os adolescentes teñen un pulso creativo tremendo, difícil de canalizar por esa inquietude continua, pero marabilloso se se aprende a levar. Teñen sempre unha forza en suspenso, no aire digo, que parece estar sempre disposta a aportar algo ou a rebelarse ante algo, sen punto intermedio, sen descanso. É normal é parte desa fase. É fascinante poder formar parte deso aínda que sexa por uns días. Vinme esta peli para inspirarme un pouco no tema este zombi.