16.10.17


Tiña que ir. Era o seu. Vivir a volta dun clásico había que facelo no cine, na sala. Tamén porque falaban marabillas da fotografía, experimentalo alí. A película quere ser clásica, sen ter seguramente esencias reais disto. Moita trascendencia, ben enfocada e ben contada. Para o meu gusto moita, cun discurso bastante pesado. Formalmente é fascinante, moi atractiva. A min o que me fallou foi a esencia, o ritmo. Villeneuve é moi bo nas superficies, pero eu coas súas películas non acabo de conectar. Ten unha frialdade que me distancia, aínda que respete moito a súa narrativa. De todas formas mirareina outra vez, porque compensa.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *