16.11.17


Un documental sobre o uso das palabras na recepción contemporánea. Un experimento que quere reflexionar, coa colaboración de diferentes intelectuais, sobre o poder das palabras na política de hoxe. A pregunta pode ser: ata que punto pode unha persoa ser influínte ou ser influenciada? Contrólannos ou temos cada vez máis poder como pobo? É moi delicado de delimitar, e de concluir algo claro tamén. Para empezar facerse estas preguntas xa está moi ben. Eu teño a impresión de que seguramente neste punto estamos nun momento clave, porque posiblemente si somos controlados, pero tamén se percibe unha masa crítica na sociedade cada vez maior. E sensibilizada tamén. A capacidade de reacción ante as inxustizas é cada vez máis rápida e consciente. Isto abre unha porta a un empoderamento que agora mesmo sendo realistas é moi difícil, pero sendo idealistas hai certos motivos para a esperanza.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *