16.12.16


Hoxe si sentín o frío. Igual ía sendo hora xa, pode ser. Parece que o Nadal entrou así silencioso, coma quen chama á porta suave, presente coma sempre iso si, pero sen tampouco facer demasiado ruído. A literatura e a batería estanme facendo conectar con orixes, e parece que xa non teño máis excusa de escape, teño que mirar de cara e limpo, coas raíces na man e a forza libre. A novela vai lento, pero vai, afacerse a algo tan grande está sendo difícil, pero xa contaba con iso así que é o que hai. Gústame que isto sexa un diario que se transforma, que pode ser o que se precise. Hoxe toca bailar as orixes, sacar as ramas da terra para andar, é o momento.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *