16.12.17


“Claro,

non pode ser sen alegría.

Non podemos bicarnos e acariciarnos 

sen alegría.

Por iso a espera.

Por iso espertar sen ti tantas veces,

porque sen a alegría non seriamos nós.

Por iso.

Por nós.

Porque non podemos ser inventores

de sorrisos e que a cercanía non

se exprese así.

Por iso gardamos as caricias,

para ser elas mesmas.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *