Parecía un lagarto, destes que se pasa sen falar tanto tempo que empezas a preocuparte. Nin sequera era capaz de pedirlle perdón ó silencio. Por non aportarlle nada claro. A mecánica era a de sempre: tirarse alí, imaxinar os planos das súas películas preferidas e non facer nada. Fabricar a apatía. Ser a pasividade todo o tempo posible.