17.06.16


A festa era a de sempre, un paraíso de neon. Os vestidos destacaban, eran pequenos pero chamaban a atención, cada un á súa forma. Os inventos de baile tamén funcionaban igual, exhibíanse como unha revolución continua do pudor, maquinada. Os ollos eran un foco para a alma dos outros, collendo o amor coas garras da forza a adolescente. Unha discoteca móvil, esa era unha das gracias, había que manter o movemento, tiña o efecto dunha táboa de surf. Pero a oscuras. O que me chamaba a atención era cómo se conseguía beber con todos aqueles alicientes, entendo que xa postos pois era o de menos. Cando vin que aquelo se empezaba a elevar do chan, xa non tiña outr que deixarme levar, e olvidarme da lóxica aínda que fose por un tempo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *