DIARIO DE UN TIO LENTO EDIMBURGO:
11/08/16
Despois de recuperar enerxías, esto é unha explosión de teatro. Unha selva de soños. Entre a fauna e a flora as ilusións navegan, chocándose sen violencia. Bueno, unha pouca si. Vivimos vestidos de vida, nevegando por carteis e inmensas posibilidades. Aquí o fío é moi fino, o público decide entre ofertas e ofertas, e máis ofertas. Parece feito esto coa mecánica da humildade, que non sabes que existe moitísima xente boa, vas mal. Moi mal. Aprendes a valorar o teu alento, non queda outra. Sabes que pode pasar de todo, e eso non o vou negar que ten o seu morbo. Ata o fracaso pode ser atractivo de se afronta con ilusión. Entre luces das luces, nós reiteramos no sorrir.