17.08.16


“No país dos personaxes ser un personaxe é algo normal. Alí a intensidade é algo lóxico. Quixera resaltar que as características xa son máxicas de por si, non hai necesidade de explicalo pero claro teño que facelo dadas as realidades así chamadas empíricamente. Análise: viven nese mundo por non conectarse co outro ou sinxelamente son libres así e punto? Tocoulles. Na lotería dos personaxes os que escollen ó escritor ou escritora son eles. Co seu ego, coa súa necesidade e necedade para seren algo máis que parte dese limbo. Se queren baixar teñen que facer un gran esforzo por facerse escoitar pola estupidez humana e conseguir baixar as escaleiras. Ademais as escaleiras do limbo sempre están molladas. Porque sempre chove. Nunca cabeza creativa sempre chove, non en plan mal, é unha forma de asociar os elementos creativos a gotas de chuvia: caen, mollan o que poden e evapóranse, e así outra vez. Unha e outra vez. Ese limbo non ten nome, non fai falta, se llo puxésemos sería limitado. E non é plan de limitalo. Os personaxes enfadaríanse e non quererían estar alí. Perdería utilidade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *