17.08.17


Viome é un exemplo de que a violencia mudou de cara no século XXI. Seguramente vemos menos exércitos, pero víctimas no campo de batalla seguen aparecendo igual. Que persoas que traballaron xuntas durante tres anos seguidos se demanden unhas a outras é unha desgracia social e humanística. Que algo estamos facendo mal está claro, a cousa é querer mudalo supoño. Dicilo é moi sinxelo claro. Viome tamén reflexa que a legalidade non o é todo, e que vida por debaixo do establecido pode non ser inmoral, de feito pode ser aínda máis moral e decente. Seguramente a necesidade de supervivencia debe ser a enfermidade que deberiamos querer erradicar primeiro, xa que as outras veñen despois. Forzar a máquina e rebentar para sobrevivir. Mentres haxa xente que “supervive”, a supervivencia seguirá sendo unha lacra social que revela ó ser humanos como egoísta e inxusto. Seguiremos educando para ter a esperanza de darlle a volta á tortilla. A solidariedade debería empezar polo pico da pirámide, senon o equilibrio é imposible.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *