17.08.18


Intentei ensinarte a positivizar os teus poderes de bruxa. Sei que é un proceso, que igual iniciaches comigo. Facer funcionar a túa maxia trae moitas aventuras, entender as emocións e a vertixe de moverse nas verdades do corpo. Unha odisea preciosa. Da que se sae, despois dun gran traballo. Despois a presencia ten algo novo, algo máis de ti, e algo menos de inercia. Poñerlle a túa firma ós teus momentos, de iso vai o conto. Narradora marabillosa, poeta silenciosa, meu amor.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *