Decepcionoume, e isto que ten momentos moi bos. Paréceme unha película bastante predecible, e cunha historia que que non remata de ser consistente nin atractiva. Pásame cada vez máis claro, cando non conecto cunha película póñome a facer outras cousas. Sei que é cousa miña, que polo que sexa non conecto. Isto non é nin máis nin menos ca iso. Neste caso foi moi evidente, funme perdendo cachos da peli porque non me conquistou. Cousas que pasan.