17.12.16


Fun ver Star Wars. Está o debate se Rogue One é un “comecartos”, ou unha historia que realmente merece a pena. Eu decántome máis polo segundo. Creo que pode influir que, sen a necesidade de contar unha “gran historia” pódense contar mellor os detalles, o ambiente. Podes disfrutar do mundo Star Wars sen menos pretensión. Esta película exercita esto, e penso que con elegancia e claridade. A historia vai increscenco como dicía o meu amigo Roi, e vai atrapando cada vez máis. Vendo a peli pensaba que precisamente usar a épica no pequeno ten máis efecto de identificación, porque o grande que se mostra como grande non ten mérito, igual que o pequeno que se fai máis pequeno tampouco ten gracia. A beleza do equilibrio. Roge One proporciona a experiencia de meterte no mundo de Star Wars sen ter que seguir a grandes personaxes, o coletivo é máis importante, e iso a min polo menos gustoume moito. Vamos, que se é un comecartos a min compensoume. Fálase moito de esperanza, de alimentarse de esperanza e de pelexar polo ben común. Estaría ben que algún día esto deixe de ser cousa de pequenos, que os grandes pensen no ben común e menos en si mesmos, a seguir resistindo contra o Imperio.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *