18.01.21


UN SER AZUL QUE DECIDIU SER VERDE (pola miña broma)

Para restaurar a enerxía non chega con beber dunha man máis experimentada. Esta mañá unha sombra nova decidiu sorprenderme no vater. Nun comezo pensaba que consistía nun diálogo cos soños que aínda me quedaban por despexar, pero non, era un ser de carne e oso. E non unha carne calquera. Uns ollos azuis rodaban o resto, da mesma cor. Todo bastante monótono, pero non por iso menos atractivo. A conversa foi sobre todo, principalmente a súa vida de auga en auga. Contoume que cada vez tiña menos augas limpas polas que nadar. Que a súa vida é cada vez máis difícil. Eu pensei. Joba, se puideses moverte por verdes sería máis fácil. Miroume con cara de “claro, se fora tan fácil xa o tería feito parvo”.

 

UN CARTEIRO QUE NUNCA CHAMA DÚAS VECES (porque non ten tempo)

ÉL: Mira que…podes firmarme aquí?

NÓS: Non lle regalo autógrafos a todo o mundo.

ÉL: Entón pretendes que espere aquí todo o día?

NÓS: Si, a miña vida é moi importante.

ÉL: Acaso a miña non?

NÓS: Como? Dicías algo?

ÉL: Si, que se me invitas a un café.

NÓS: Como?

(Nós pecha a porta e abre a aplicación. Pulsa “Más allá del deber”.

 

 

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *