18.02.17


“O soño dunha noite de verán”, de William Shakespeare, en forma de pop ópera moderna. O estilo de Voadora, é persoal é induvidable. Iso non fai falla discutilo. A súa capacidade de xerar imáxenes escénicas é clara e dinámica, sempre cunha inquietude que parece querer chamar a atención duns pais (o público) a través do neno, que é o espectáculo que estamos a vivir. Xa é a segunda vez que vemos un Shakespeare deles, e eu tiven unha sensación parecida que na vez anterior. O dramaturgo inglés pasa a ser unha excusa, non unha base do espectáculo. É unha opción interpretativa, para facer unha visión persoal e actual do texto ok, acéptase. Neste caso o centro é o amor contemporáneo, as novas opcións sexuais e os prexuízos sociais con respecto a elas. A pelexa polo amor libre, pola liberdade das hormonas a escoller a opción que prefiran na forma na que o “eu” esté máis cómodo e feliz. Polo tanto o soño dunha noite de verán de Voadora pasa a ser unha pelexa por conseguir a meta do eu desexado, a superación dos obstáculos que nos pon o entorno para poder ser o eu que desexo ser. A figura do mestre de cerimonias é moi importante no espectáculo, aparece varias veces dende o comezo, de formas diferentes, ligando a esencia do mesmo. Este soño procura ser unha festa dos sentidos que se libere do preconcebido, propoñendo a felicidade invididual ante as barreiras que a sociedade poida poñer ante ela. Espirse ante o mundo como a cada persoa lle de a “Santa Gana”.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *