18.03.16


“Escoller un punto fixo na distancia, aínda que sexa leve, da unha paz curiosa. Cando só che queda marxe para mirar ó teito non queda outra opción. Relaxas. Se non se pode facer nada mellor non facer nada. A coherencia é a nai de todas as boas conciencias. De ciencia moito non sei. Os amigos están para os bos consellos, e para que os momentos compartidos sexan dalgunha forma mellores, sentido a presencia de quen quere entenderte. O verde é case case de celebración. Brazos en alto que parece que agora todo pode saír ben, e non vou ser eu o que perda a oportunidade de aproveitar o vento.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *