18.07.16


DIARIO DE UN TIO LENTO EDIMBURGO:

12/08/16

O terceiro día. Segue chovendo. Parece un proceso de acomodamento, como quen vai probando o sofá da casa a ver se lle compensa compralo. Os galegos sabemos o que é o gris, non temos moito problema. Parece incluso que máis que aquí, que non están cómodos coa chuvia, escóndense a ela esperando a que pase. Xa noutro momento me enfrentarei a ela. O galego non ten outra opción que mirar a tempestade e falar con ela. Aquí parece que o falar o deixan para outro momento. E tiran para adiante. Aprendo a asimilar a maraña de espectáculos que hai. Un xa espera gran cantidade, pero ver as cousas é outro asunto. Filtrar. O volume das propostas é inmenso e variado. A nós aquí, formigas no festival máis grande do mundo. A bailar.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *