18.07.17


Hoxe estreneime na MIT 2017. Cun espectáculo en grego con subtítulos. Estou moi dacordo coa señora que se sentou ó meu lado: “moi ben pero non para o teatro”. Ela ven querendo dicir que o fondo moi ben, pero a forma non. O feito de ter ás protagonistas das historias reais que se contan está moi ben, pero elas mesmas baleiran o contido por non ter ferramentas teatrais coas que defendelo. A temática e o que defende xenial, a selección das anédotas tamén, o compromiso fantástico. Pero o como quedou frío e estéril, curiosamente tendo xusto ás persoas reais dicindo cousas reais. Igual buscando a forma de que elas estivesen en situacións máis naturais, sen un texto ten marcado e definido tería sido mellor, senon tamén parece que é un escaparate para dicir “pobriñas”. Da para pensar.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *