18.12.16


Xa sei que hoxe é domingo. É fascinante a sensación de domingo, parece unha tradición pegada a nós por anos e anos, como unha especie de única vía de escape. Un único espazo de liberación despois dunha semana de sacrificio. É curioso que a liberación só quede para espazos reducidos, por iso seguramente sexa aínda un territorio a conquistar, unha terra que amar para que se reproduza e se expanda. Queda moito por reinventar.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *