19.01.17


Onte fun ver La la land, e apetéceme pensar un pouco nela. Percibín no fcbk e noutros lares da rede, que está deixando fans e xente indiferente, vamos persoas apaixonadas polo filme e outras decepcionadas pola expectativas. Penso que isto é un rasgo indubidable (ou si) de personalidade. Só algo sen personalidade pode dar unha opinión xeral, estándar. Eu xa ía con ganas, iso é certo. Moitas. Sorprendeume que a película parece doutra época, como si Damien (director ó que envidio un pouco todo hai que dicilo) viaxase no tempo e trouxese á actualidade un musical dos anos dourados de hollywood. A diferencia é que mirada, a forma de usar a cámara, é actual. O filtro é sepia cunha aplicación nas nosas de hoxe. A música move todo, tanto que tiven a sensación de que prefería vela de pé, coma nun concerto na sala capitol por exemplo. Tiven esa necesidade na maior parte do filme. Escoitei nunha crítica na radio que igual facía falta volver a esta pureza do cine, é certo que cos seus prexuízos e convencionalismos, pero a enerxía que vive na narración é indubidable, intelixente e inocente ó mesmo tempo. A historia sabe ó que xoga, e non da xiros nin busca trampas, é así, móstrase con claridade. Quizais o discurso tópico de hollywood, bandeira estadounidense, de cumplir os soños por enriba de todo. Por este motivo non se pode ir a La la land buscando algo novo, senon como unha forma de revisitar recordos, do colorismo da vida perfecta estadounidense post Viednam.

Queda claro que son dos que lle encantou non? Sorprendinme bailando na oscuridade antes de durmir, revisitando os temas no Spotify (que práctico invento). Pero tamén quero entender o motivo da xente que non lles gustou. Seguramente sexa un filme que propón un billete de entrada a ese mundo, que é moi determinado, cursi e cos seus tópicos bastante fortes. Entendo que esa entrada pode ser rechazada, perfectamente. Eu tiven a sensación de ver un clásico, destes que quedan, sempre disposto a recibir fans e haters.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *