19.03.16


“O teatro é un fillo da comunidade. Bebe das historias comúns, do imaxinario que tecemos para sentirnos para dun coletivo. Por iso a necesidade de acudir a este ritual. No cotián tamén está o espírito da forza do costume. Fai de nós a nai do día a día. E alí acudimos para ver se hai algo para nós, como un mercado ó que imos sen cartos, ás veces case sen esperanzas. Alí nos deixan para entender a eternidade antes de tocala cos dedos. Antes de tempo para uns, e xusto a tempo para outros. Non sei eu se será cousa de cronómetros. Igual de cronopios. Eu a verdade só me entreteño para que volvas e me deixes coa palabra nos ollos.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *