19.04.16


“Pregúntome como debe ser a vida nun cadro abstracto, será algo parecido a confiar nos paraísos fiscais. Ten pinta de que para algunhas persoas a vida real é aterradora. Xente pobre, escapa escapa, que non quero ensuciar o traxe con antisistemas. Podiamos empezar a darnos conta que igual os antisistema son outros. Eu déixoo aí. Vivimos tempos de refuxiarse, como escribe Millás esconderse no armario e non sair, gardar debaixo do colchón parece non pasou de moda, por moito que os colchóns sexan agora moito máis sofisticados (ou menos). Depende da honestidade coa que o mires. O cadro pode ser completamente branco pero cun punto negro nalgunha parte. Así poderiamos branquear continuamente e deixar un punto que parece elegante para dicir calquer excusa e que parece que queda ben. Oro parece, plata no es.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *