Zama, unha historia de colonialismo. Serena e dura. Lucrecia Martel toca as verdades e mentiras de Diego de Zama, funcionario español en américa. A película é calmada, deixando sempre observar as situacións que conta. Pode facerse lenta se non tes o día para ela. Se te deixas vaite atrapando pouco a pouco, facéndote parte da historia. Ten aire de retrato clásico cunha visión contemporánea.