19.05.17


A verdade, algunhas veces non me dou conta da túa situación. Olvídanseme as circunstancias de perderme no bonito que é pousarse en ti. A distancia tamén. As sensacións saben do que falan. Outras veces desconfío, ata que o feito de volver a ti borra calquer parvada que poida estar voando pola cabeza, supoño que sinxelamente por querer voar. Supoño que son queixas momentáneas por non poder disfrutar da comodidade, pero tamén é certo que as presas non son boas, nin os empachos. Intento aprender que de todo se aprende, e que se as cousas son así é por algo no bo sentido. Sempre buscando o bo sentido se atopan os camiños, aínda cando se perden os papeis e as emocións parecen rotas. Penso que todo se resume en que quero coidar a nosa conexión, hai algo inevitable que me fai protexela do grande que é. Non o entendo, pero tampouco me fai falta. Saber que estás da unha tranquilidade que non sentira antes, seguramente sexa a mellor definición da pureza.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *