19.09.16


Dani Salgado é un resistente na beleza. O outro día dixome que hai que ter algo de obsesión para crear, para ter a necesidade de chegar a pechar unha obra artística. E estou de acordo, polo menos un mínimo desa dose fai falla. Estiven pensando que non sei se é iso exactamente, pero algo parecido seguro. O que si fai falta dende logo é un exercicio de optimismo, como un ximnasio da ilusión. A facerse forte niso, sen renderse ante a intolerancia.

EXERCICIO DE OPTIMISMO
Imprescindíbel a razón emancipatoria.As caixas
rotas. Cómpre contar co sol no xardín e coa
velocidade da luz.Coa puntuación ortográfica
da sección metal.Todo este país so a hora das nove
en xuño.E unha man na caluga de que estás.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *