19.09.17


Peliculón. É tremendo que Scorsese se lance a facer isto despois “do Lobo”. Foise ó lado contrario, paréceme moi valente pola súa parte. Esta vez parece que se vestiu de Kurosawa, ou algo parecido. Fálanos do conflicto relixioso, no século XVII en Xapón. Xurdiu entre os colonos portugueses. É incríble o que se pode facer por unha relixión, cada vez o respeto máis e ó mesmo tempo paréceme cada vez máis absurdo. É como abrazar a desesperación cun motivo invisible. Vale que toda persoa tende a ter a tendecia de buscar motivos máis alá de un mesmo, porque son mellores e sentan mellor. Pero debería haber uns límites coherentes nisto. A peli ten unha estética fascinante, é certo que é lenta e que hai que mirala con paciencia e cariño. Ten secuencias impresionantes, e trata xenial o mundo interior frente ó exterior das circunstancias. Eu penso que se pasa un pouco coa preferencia occidental, parece que un pouco son os malos os que xa están e non os que chegan. En todo caso o retrato é brutal e preciso, tamén queda claro que as historias verdadeiras son atemporais, sempre se pode aprender dela. Fascinante Scorsese.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *