19.10.16


Abriuse a nova temporada de The Affair. É moi difícil estirar historias que teñen a intensidade concentrada nun lugar. En The Affair conseguiron que seguira funcionando, pero cada vez me soa máis a forzado. A dramaticidade está moi ben traballada, e os personaxes tamén. Gústame o formato dende o principio, porque reflexa a percepción individual, é dicir, que cada persoa vive a realidade dunha forma diferente. É moi interesante ver os mesmos feitos, que a ollos de uns ou de outros mudan, encántame porque creo que é moi real esto. É unha serie vibrante, fascinante, pero é certo que cada vez se volve máis delicada, máis fráxil.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *