19.10.17


Deixou os zapatos de tacón na mesa da cociña. Amarelos. A melancolía gardouna na neveira, por se apodrecía alí entre os iogures do Froiz. As cartas soas facturas seguían alí, pegadas ós cereais. Xa debían ser amigos, ese diálogo silencioso entre os pagos inxustos e un intento desesperado de baixar algúns quilos. A balanza do baño non pensaba o mesmo. Ela verá. Tiña que baixar un cuarto sen ascensor, era 1990 nun piso da Costa da Morte. A noite enfurecida deixaba claro que vivir alí non era un baile continuo, só os barcos o facían cando o vento quería ser director de orquesta. Ela tiña unha cea, e non quería pasarse toda a noite lamentándose polos pubs de Cee. Mirouse ó espello, estaba perfecta. Non lle importaba nada non ligar esa noite, xa lle chegaba con aguantar certas cousas polo día como para facer o mesmo ou peor pola noite.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *