19.12.16


Estou fascinado. Podería comezar dicindo que isto é unha serie, pero realmente non creo que o sexa no sentido convencional. Realmente é unha obra incríble de autor en capítulos. Estou xusto na metade da temporada e a cada capítulo quedo máis encantado. É tremenda a elegancia de Sorrentino, como é capaz de poder ser solemne e rebelde ó mesmo tempo, xa me gustaría chegar a facer algo parecido algún día. É moi interesante como plantexa esta rebeldía dun Papa irreverente, que o é con un convencemento e unha intelixencia claras, dende a conciencia da súa humanidade e enfocando o seu “personaxe papal” con determinación e actitude férreas. Realmente da para debatir, tanto de cine como doutras temáticas, como todo o que está ben feito leva a querer falar, compartir, vivir.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *