20.03.16


“Xa sei que hoxe é domingo. Pero realmente nunca chego a sabelo. Sinto a auga gotear no baño e soño cunha piscina baleira. Nela, pinturas, para reiventar o subterráneo. Deletreamos tonos para darlle ás imaxes vida, pausas de buceador experto en mares africanos. Por iso debo escribir que comezar é un final anticipado, que espero que cada final sexa outra porta a algo máis. O domingo nunca se espera, porque sempre está él, que é máis listo porque ten máis tempo, esperando por nós, polo noso baleiro e as ganas de respirar. É o gran amigo da paisaxe, o feiticeiro que vai coa pucha marrón nas noites de inverno, e pasea as praias cando xa todos están ceando na casa.”

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *