Papeina. Isto de poder ver todos os capítulos seguidos é unha tentación moi boa. Orange para min é un seguro, sempre é fresca e con situacións atractivas. O que conta sempre é interesante e diverso, coa coralidade duns personaxes ben perfilados que da gusto ver. A evolución dos personaxes está xenial, porque sempre manteñen a súa esencia pero se adaptan e aprenden en funcións ó que lle vai pasando. Isto parece evidente pero pasa poucas veces nas series, o feito de aferrarse a un patrón de comportamento dun personaxe que fai que non se flexibilice, e se convirta nun instrumento escravo dunha trama. A min sempre me gustan máis as series nas que son os personaxes os que teñen o poder, e non unha trama supostamente atractiva. Organge is de new black é un exemplo moi claro diso. O que importa son as vivencias e as pulsións, e os plans tamén, pero menos. As dúas temporadas que quedan vánseme facer curtas, aínda que me pareza ben, non hai que eternizar as cousas.