20.08.17


Investigando a Billy Wilder. Episodio 2: En bandeja de plata.

Mentir por diñeiro, enredarse e mentir porque compensa. Este é o dilema. Wilder tece unha historia clara e divertida, cunhas secuencias moi ben plantexadas. O humor igual queda pasado de moda iso si, pero as cousas ben feitas sempre manteñen o paso do tempo. Esta é unha delas. Gústame tamén a mensaxe, que os valores teñen que poder máis que a ambición e as apariencias. A secuencia final cos dous personaxes que mantiveron os seus valores, antes que a fama e os cartos, xogando e pasándoo ben é fantástica. A vida está para vivila, non para exprimila.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *