As series do frío son sempre dunha factura excelente, nunca fallan. O nivel e a elegancia narrativa é brillante. Esta serie, con pouco, atrapa. Sempre as interpretacións son excelentes, nótase a gran cultura teatral que hai polo norte. A serie vai sorprendendo con finura, porque sempre parece que se vai resolver pero consigue manterse arriba con detalles, ten un mérito tremendo, o guión é para analizar. Ter ó público agarrado sen ter que facer grandes xiros, só xiros coherentes e atractivos basados no comportamento dos personaxes. A ficcción estadounidense, que moitas veces abusa de querer impresionar “a toda costa” debería aprender desta finura, un exemplo de gran ficción comercial. Bravo.