21.03.16


“O sentido bebe dos mínimos porque os máximos non se poden abrazar. Igual si tocar, pero non abrazar. Polo menos a sinxeleza ten maxia, deixa no corazón un pouso de orgullo, de terra fértil. Esa é a dinámica da verdade. As nosas ramas, aínda coa tecnoloxía, seguen sendo febles, porque a enerxía da para o que da. Visualizar antes de precipitarse, poñer a calma por diante, para que o medo non teña opción e a valentía teña camiño de paso. Ceder o paso ó xogo. Dicir baixiño algo importante é mellor que berralo, igual que berrar algo pequeno e tonto ten gracia, como cando eras neno e dicías cu ou merda en alto, e parecía o máis divertido do mundo.”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *