21.03.17


A pausa que se conxunta coa velocidade narrativa é o que máis me interesa de Narcos. Conseguen unha calma, que se combina coa crudeza dunha ficción que sabe tremendamente a realidade. Seguramente funcione moito porque a serie ten características de serie de autor, mezcladas con rasgos que se poden asociar a unha clásica serie de investigación policial. Unha proposta habitual cunha visión diferente e arriscada, prato ó gusto de diferentes tipoloxías de espectadores. E así nos enredamos todos na droga, coas ganas de volver abrir esa porta outra vez, e que o mundo do contrabando volva a reconstruirse outra vez ante a resistencia das figuras de poder. Poderes distintos pero fortes e grandes, nun pulso pola ambición e os xogos arriscados coa moralidade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *