IV
“amarga é unha palabra pequena demais”
explicábase xa vello álvaro cunhal
“para falar da miña derrota”
ningún continente resiste semellante deriva
ningún idioma sabe
onde rematan os seus poderes
ningunha palabra é grande abondo
a lingua móvese entre a noite e a néboa
Daniel Salgado