5 MESES
Quixera quedarme alí,
na paixón descoñecida,
na acuarela do sorriso.
Na túa mirada,
con e sen fronteira.
O único límite é o do tempo,
porque quixera regalarte incluso
o que xa pasou.
Chegar á adolescencia contigo,
algo que xa é imposible.
Nós sabemos moito diso,
porque sempre seremos nós.
Ese Son.