21.12.16


Hai noites que non sabes se foron marabillosas porque querías que o fosen, ou porque era o momento. Supoño que o mellor é que pasen as dúas cousas, é como a frase “que a forza te acompañe”. Ou sorte, que teñas sorte. Dame que a verdadeira definición de sorte é que se plasmen os desexos verdadeiros que tes. Esto parece encaixar co Nadal. Hai persoas que sentan ben na túa vida, e outras que non. E isto non é fácil de diferenciar, porque as liñas son moi delicadas. Pouco a pouco vouno identificando, porque o tempo é ouro, e aprender esto ben debe ser un dos segredos máis importantes da felicidade.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *