“Bailar un pasodoble é deixar ir os males,
desfacer a tarefa e voar a ningures,
coller o pan e deixar migallas.
O camiño faise coa auga de lavar,
coa primavera dos cantos,
a suave pausa do saber xirar.
Se me bailas na punta do pé,
na punta do ar,
será moito máis fácil perderse,
aprender a surfear.”