22.08.17


Energized, tremendo documental. Moi necesario e ben feito. Eu sigo pensando que o principal problema disto no fondo é a avaricia, non pode ser que o sistema esté montado enfocado en que os beneficios sexan cada vez máis para as grandes empresas. A avaricia rompe o saco si, e neste caso o saco son millóns de anos de evolución, acabar co pasado e o futuro da Terra. Isto non é ningunha tontería. Vamos que pola avaricia de hoxe, cando total todos imos rematar mortos, acabamos co máis valioso que temos. Diría máis, sen o noso entorno non estariamos aquí. Así que xa non é cuestión de solidariedade ou ecoloxismo, que tamén, é cuestión de xustiza evolutiva e polo tanto histórica. Non só histórica do ser humano, senon de moito antes. Moito temos que mudar, o bo é que mentres haxa vida hai esperanza. Quedoume de refráns o asunto.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *