A NOITE DO 22/04/17 SEMPRE VOLVE
“Cánsame o silencio, e iso que vivo nel. Estou tan acostumado a el que parece feo aínda que sexa tranquilo. Quero fundar o ruído contigo, o rumor que deixan as alegrías cando se manifestan. Unha casa na que a vida nunca se canse de vivir. Na que cantar sexa pan e os contos o postre. Ou ó revés, como ti queiras. Cheguei a pensar que o meu silencio era só meu, pero agora que todo parece noso sempre está a túa voz para recordarme que non quero deixar de compartir, de difundir o ruído da alegría da nosa conexión, o son que brota deste pozo sen fondo”
Soño con que as verdades sexan realidades, con que a luz saia entre as noites da distancia e do oculto. Respirarnos. Darlle a ese imán o que precisa. Recoñecernos.
Soño Con poder berrar un amor que vive sen chegar a vivir, que late sen chegar a sentir. Chorar por fin de felicidade pola mentira que sempre será imposible, porque a nosa trasparencia é eterna.
Aprendo cada día deste baleiro para que cada día contigo cando estemos xuntos sexa un tesouro.