Fragmento do meu relato “Ás veces, Bonaval”:
“O primeiro que me pasou pola cabeza foi que viñan facer un ritual satánico, e que me ían usar de ovella, en modo de sacrificio humano a Satán, que me ía desangrar e tal. Non vou seguir con máis detalles desagradables, queda a idea clara. Tiven un momento de lucidez. Ou eu son moi parvo, ou aquilo tiña moita pinta de ser a Santa Compaña. Ían moi lento. No centro da procesión ía un señor tumbado, en horizontal, diferente ó resto. Tiña pinta de ser o dono dun bar, ou polo menos a min recordoume a iso. Recordoume ó meu avó, de feito parecíase moito.”