23.03.16


“Días negros nas prazas de europa. O tecido treme. Terremotos de vocabularios que se desfán no ambiente. Un personaxe é un perfume, debe ser elegante e profundo, pero hai que ter coidado coas doses. Imos quentar as bases, coller a efervescencia que se nos presupón no invisible. Facer que as voces atravesen as paredes no ben, para olvidar o mal que nos entra nas rúas ata o insomnio das sábanas. Se tes dúbidas berra, fai que teña sentido. E xoga a ser feliz. Sobretodo iso, aínda que todo pareza raro. Para algo están as ilusións, esa materia prima da maxia. Faime un umplugged ata que volva a sair o sol”

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *