23.08.17


Atopeina sen querer en Filmin. A esta película débolle moito, a raíz dela comecei a escribir o meu primeiro relato: A Biblioteca Máxica. Realmente ten unha mensaxe fantástica para os nenos, sen os estereotipos e os prexuízos de Disney. Tivo un efecto en min, iso seguro. Sair da situación na que estaba, encerrado en min mesmo, e abrirme á aventura. É curioso que agora me volva atopar con ela, xusto cando máis estou escribindo e máis o terei que facer. Mira máis alá dos teus medos, que alí atoparás as túas fortalezas. Isto volveu pasar, deixar de lado os medos e apostar de verdade polo que queres. Aceptando tamén os peros, e o que faga falta. Porque o soñar non pode ter cancelas. Se nalgún momento se dubida, está a imaxinación para recordarnos o camiño polo que de verdade precisamos ir.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *