“Ir aprendendo do cansancio dos músculos. Parar ter un perigo: o baleiro. Alí xogan as cartas do poder ausente, ese que precisamos para sentir as forzas. Vive o mítico. Os ollos que queren que todo desapareza pero sempre quedan cousas pendientes. Na Torre o ambiente está cheo de pasado. O faro que proxecta as imaxes que quedan suspendidas no ar. As mans que esperan as túas, e queren que esta vez si saiba tocar os teus mecanismos. Abrir o teu sorriso para non pechalo nunca máis. Abrir unha porta na que só estamos os dous, mellores que sós, bailando.”