24.06.17


É tremendo como cambia o mar. Coa luz do día e o vento que vai mutando coas horas. Igual ese é o segredo, saber bailar coas circunstancias, e collerlle o lado bo case a calquer cousa. Igual temos que aprender do mar, e pouco a pouco faise. Respirando e aprendendo, sen que as ilusións se desmonten, nada as pode romper, xa que teñen que ser transpirables, sen obsesións, sen caprichos.

 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *